Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio de Ourol tras arrasar máis de 70 hectáreas

Extinguido o incendio de Ourol tras arrasar máis de 70 hectáreas

O incendio forestal iniciouse na parroquia de Merille na tarde do pasado martes

Imaxe do lume o pasado martes
G24.gal 03/10/2026 11:01 Última actualización 03/10/2026 17:10

O incendio forestal declarado o pasado martes ás 17:00 horas na parroquia de Merille, no concello de Ourol, quedou extinguido pouco antes das 16:30 horas deste sábado.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, as lapas arrasaron unha superficie próxima ás 72 hectáreas, de acordo coas estimacións provisionais.

Para a extinción do lume mobilizáronse ata o de agora, de xeito acumulado, 2 técnicos, 50 axentes, 66 brigadas, 53 motobombas, 4 pas e 2 helicópteros.

Teléfonos de atención

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 e a aplicación móbil ALume para avisar en caso de incendio forestal.

Do mesmo xeito, existe outro teléfono (900 815 085) para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento ou sospeita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade