Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un motorista por circular a máis de 200 km/h nun treito de 70 en Irixoa

Investigan un motorista por circular a máis de 200 km/h nun treito de 70 en Irixoa

O investigado superaría en 127 km/h o límite permitido 

Os axentes de tráfico estaban a realizar un control de velocidade cun radar móbil 

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil
G24.gal 03/10/2026 09:15

A Garda Civil, a través do Grupo de Investigación e Análise de Tráfico investigou un home como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria, tras observar que conducía unha motocicleta a unha velocidade de 208 km/h nunha limitación específica por sinal de 70 km/h.

A investigación iniciouse o 5 de setembro cando os axentes do Subsector de Tráfico da Coruña que desenvolvían un dispositivo de verificación de velocidade mediante un cinemómetro móbil detectaron unha motocicleta que circulaba a unha velocidade de 208 km/h na estrada AC-151 en Irixoa.

O vehículo superaba en 127 km/h o límite sinalado no tramo.

Aplicando as marxes legais de erro, a velocidade de circulación resultaría en 197 km/h.  As investigacións realizadas  permitiron a identificación do condutor, o que resultou na súa citación en calidade de investigado non detido como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria. 

O artigo 379.1 do vixente Código Penal, establece penas de prisión, multa ou traballos comunitarios, alén da privación do carné de conducir, para quen supere os límites de velocidade permitidos en 60 km/h en vía urbana ou en 80 km/h en vía interurbana. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade