Cargando resultados...
Estabilizado un incendio declarado en Oia, tras calcinar unhas 10 hectáreas
A choiva facilitou os labores de extinción, en que participaron un técnico, seis axentes, sete brigadas, sete motobombas e dúas pas
Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal
06/10/2026 12:55
Un incendio que foi declarado na mañá deste martes en Oia quedou estabilizado tras calcinar unhas 10 hectáreas.
Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural, o incendio rexistrouse na parroquia de Loureza pouco antes das 9:00 horas e quedou estabilizado sobre as 11:16 horas.
A choiva facilitou os labores de extinción, en que participaron un técnico, seis axentes, sete brigadas, sete motobombas e dúas pas.
Tamén participaron dous helicópteros e tres avións, que xa se retiraron.