Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños do Barrio do Cura, en Vigo, piden que arranxen os danos causados polas obras

Veciños do Barrio do Cura, en Vigo, piden que arranxen os danos causados polas obras

Os edificios lindeiros levan tempo sufrindo problemas de gretas e humidades nas súas casas 

G24.gal 22/12/2025 14:17

En Vigo, as obras do barrio do Cura seguen a ocasionar numerosos problemas aos veciños. Gretas, humidades, ruídos e desfeitas que, segundo denuncian, ninguén asume.

Un auténtico calvario están a vivir moitos por mor das obras. A Mari Luz Camuerga caeulle un moble da cociña que levou por diante a billa e deixouna sen auga unha semana. A muller tivo que asumir a reparación e ninguén se preocupou por ela malia que presentou as queixas correspondentes. 

A casa onde naceu amosa moitos danos estruturais e humidades dende que comezaron as obras da urbanización veciña. Quéixanse das gretas, das vibracións continuas nas súas casas e das escorrentías de terras que mesmo fixeron caer unha gran pedra no patio dunha das casas.

Son moitos os edificios da rúa San Francisco que sofren tamén danos polas obras: inundacións polas escorrentías de terras, gretas, ruídos. Denuncian que ninguén asume os danos nas súas vivendas e que no poden máis. Como Paula Temprano, embarazada da súa primeira filla, que di que aínda esperan que fagan o protocolo de gretas que debería estar xa feito, e que malia as reclamacións, ninguén lles fai caso. 

Os veciños só piden que se fagan cargo dos danos que están a sufrir nos seus edificios e que os deixen vivir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade