Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celebrar o Nadal na casa pero sen ter que cociñar

Celebrar o Nadal na casa pero sen ter que cociñar

Cada vez máis familias encargan as ceas e xantares das festas en obradoiros e casas de comida preparada

G24.gal 22/12/2025 15:30

As ceas e os xantares especiais son tradición nestas datas, pero non escapan da realidade social. Temos cada vez menos tempo, e cada vez valoramos máis o pouco espazo que temos para compartilo cos seres queridos. Así que as casas de comida preparada teñen nestas datas o maior volume de traballo do ano.

Con case un século de historia, o obradoiro de comidas con máis tradición de Santiago está nos días de máis traballo do ano. Nas xornadas previas, xa aumentou a actividade, coas encargas para Nadal e Noiteboa. 

Cando todo está listo e empratado, unha mensaxe ao móbil, para pasar a recoller, aínda que tamén hai repartición a domicilio. De aquí sae comida para entre 150 e 230 familias, para os xantares e ceas destes días festivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade