Publicador de contidos

Publicador de contidos

Domingo de tendas abertas para as compras de Nadal

Domingo de tendas abertas para as compras de Nadal

Moitos negocios, sobre todo grandes superficies comerciais, intensifican a súa actividade ás portas do Nadal

Son moitos os que aproveitaron a apertura en domingo para mercar os últimos detalles

G24.gal 21/12/2025 14:55 Última actualización 21/12/2025 15:23

Moitos negocios e superficies comerciais abren este domingo para facilitar as compras do Nadal. Algúns buscan os produtos para os menús da Noiteboa e o Nadal, outros andan á procura das encargas de Papá Noel e en xeral buscan que non falte ningún detalle para as celebracións da semana que vén.

Tamén hai quen viu por dar unha volta e fuxir do frío que deixa a primeira mañá do inverno.

"Como teño o domingo libre, veño de Chiclana a ver a familia e agora vou facer compras do Nadal. Os agasallos do Nadal", conta unha muller.

"Un xogo de mesa, que ao meu amigo encántanlle e pensei nel automaticamente. E vou dar unha volta a ver se vexo algunha cunca, que teño en mente alguén que toma moito café", engade un mozo. 

"Pola semana é máis difícil e aproveitamos para dar unha volta, ver as tendas novas e as últimas compras de Papá Noel, antes de que chegue", explica outra compradora.

"Viñemos mercar a roupa para fin de ano", di unha rapaza. 

"Últimas compras, cambios, devolucións... aproveitar o domingo que non vai moi bo tempo", afirma outra clienta do centro comercial.

"Aproveitar para mercar roupa e as últimas cousas para o Nadal. Tamén premios polas boas notas", revela unha nai xunto a súa filla. 

Un día de tendas abertas para as compras de última hora que se vai repetir a próxima fin de semana para os preparativos da Noitevella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade