Publicador de contidos

Publicador de contidos

A nora do Nadal de Vigo non poderá funcionar a partir das dez da noite

A nora do Nadal de Vigo non poderá funcionar a partir das dez da noite

O concello de Vigo tomou a medida despois de comprobar o exceso de ruido nocturno da nora

A inspección técnica detectou o exceso de ruido a partir das dez da noite
G24.gal 20/12/2025 20:35 Última actualización 20/12/2025 20:47

O Concello de Vigo prohibiu o funcionamento da nora de nadal a partir das dez da noite, para evitar molestias aos veciños da zona.
A medida foi tomada  polo concello vigués despois de que unha inspección comprobase que a atracción supera os niveis de ruido a partir das dez da noite.

Nun comunicado, o goberno local sinala que en relación co funcionamento desa atracción, un informe técnico non aprecia incumprimento dos Obxectivos de Calidade Acústica ata esa hora, pero si a partir dese momento.

Por este motivo, e como medida correctora en materia de ruído, o consistorio comunicou á empresa da nora a modificación do horario de funcionamento da atracción de luns a domingo.

A atracción podería funcionar de novo pola noite se demostra que reduciu o ruido

A nora podería funcionar de novo pola noite se o titular da atracción demostra que adoptou as medidas necesarias para evitar o exceso de ruido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade