Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG felicita o Nadal con Rueda, Feijóo e Rajoy e con alusións a Sánchez e Ábalos

O PPdeG felicita o Nadal con Rueda, Feijóo e Rajoy e con alusións a Sánchez e Ábalos

No vídeo non faltaron os tradicionais ‘cameos’ de Alberto Núñez Feijóo, Mariano Rajoy, Paula Prado e os presidentes provinciais do partido, aos que este ano se uniron Miguel Tellado ou Ana Vázquez

G24.gal 20/12/2025 11:24

O PPdeG difundiu este sábado o vídeo de felicitación do Nadal co seu presidente, Alfonso Rueda, á fronte dos fogóns para preparar a cea de Noiteboa, coa participación do líder nacional do partido, Alberto Núñez Feijóo, e as alusións a Pedro Sánchez, o caso Koldo e as enquisas do CIS.

O presidente dos populares galegos decide poñerse á fronte dos fogóns coa intención de reunir a todos os galegos na súa mesa, unha noticia que sorprende os seus compañeiros de partido e mesmo as súas fillas, que volven aparecer na felicitación do PPdeG.

O presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, móstrase convencido do éxito, porque "mellor a cociña de Rueda que a cociña do CIS" e o presidente de honra do PPdeG, o exdirixente nacional Mariano Rajoy, ofrécese como axudante de cociña.

O secretario xeral do Partido Popular, o tamén galego Miguel Tellado, propón vir a Galicia para "tranquilizar o clima" ante a tormenta que xerou a noticia de que o presidente Rueda ía cociñar polo Nadal.

No seu cometido, Rueda conta coa axuda de altos cargos do seu partido, que achegan a materia prima dos pratos principais, como a bica, típica de Ourense, terra castigada polos incendios forestais.

Alusións ao PSOE e ao BNG

Na felicitación, Rueda ten que facer fronte a problemas como un Peugeot mal aparcado, a un Ábalos que quere apuntarse á festa coas súas chistorras e mesmo a un apagamento eléctrico como o de abril 

A referencia ao BNG tamén aparece no vídeo cando Rueda, ao servir a cea, pregunta se hai algún intolerante: "Eu a todo, en xeral", responde unha das comensais.

Ao final, o presidente dos populares galegos propón o brinde: "Poida que non sexa o mellor cociñeiro do mundo, pero o que si é verdade é que trato o noso con respecto, agarimo e tentando facer as cousas ben, por todos os galegos e galegas. E isto é algo que aquí sabemos facer moi ben".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar