O Breogán recibe mañá ao Bilbao no Pazo (12h), partido protagonizado pola volta de Hilliard
O equipo lugués busca o triunfo despois de dúas derrotas
Hai un ano facia canastras vestido de celeste. Agora faino como home de negro. Darrun Hilliard é, individualmente, o protagonista do Breogán - Bilbao. O xogador está calcando en terras vascas os números que exhibiu en Lugo, onde o seu rendemento fora de menos a máis. Ao Zaragoza meteulle seis triplas. Unha ameaza, aínda que o seu rol ás ordes de Jaume Ponsarnau sexa distinto.
Hilliard deixara o Breo antes do final de liga, por unha importante oferta económica en Rusia. Sobre a sua renovación en Lugo, o xogador deu unha versión que desmentiu a directiva breoganista.
Polémicas á marxe, será un dos atraíntes dun encontro importante logo de dúas derrotas, logo de dous rendementos defensivos máis que discutibles. Os 211 puntos apañados nos dous últimos encontros esixen unha versión máis sólida do Breogán. Con catro triunfos no seu poder, quere igualar os 5 cos que chega o Bilbao.