Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta pecha o ano cun empate sen goles en Oviedo

O Celta pecha o ano cun empate sen goles en Oviedo

Os vigueses sitúanse momentaneamente no sétimo posto, con 23 puntos despois de 17 partidos

Terceira portería a 0 consecutiva, diante dun Oviedo que acumula máis de dez horas sen marcar

G24.gal 20/12/2025 13:00

Minuto a minuto

Ás 14:00 h comeza o partido do Carlos Tartiere. Oviedo-Celta. Este é o XI inicial do Celta de Claudio Giráldez

E este é o XI de Almada, que se estrea no banco do Oviedo

1'

Comeza o partido no Tartiere. Oviedo 0-0 Celta.

5'

Primeira ocasión do Celta. Boa xogada de Bryan Zaragoza, e Javi Rueda remata alto desde o punto de penalti.

20'

O balón paséase pola área de Radu logo dun servizo desde a dereita de Ilyas. O Oviedo domina neste treito do parido, e o Celta intenta sacudir o dominio.

45+1'

Boa parada de Radu, logo dun disparo raso desde a dereita do ataque do Oviedo.

45+2'

Descanso no Tartiere. Oviedo 0-0 Celta.

46'

Comezou a segunda metade no Tartiere. Oviedo 0-0 Celta.

47'

Ocasión clarísima do Celta, nunha gran conducción de Bryan á contra. Asiste a Jutglá, que non é quen de definir diante de Aarón Escandell!!

50'

Reamata cruzado Marcos Alonso á saída dun córner, e o balón marcha moi preto do pau!!

54'

Reamata Ilyas Chaira de lonxe, e para seguro abaixo Radu.

56'

Centro xute de Ilyas Cahira, que pasea pola área de Radu.

57'

Xogada de Bryan pola esquerda, gaña posición de disparo e acaba sacando a córner Escandell.

62'

Ocasión clara agora do Oviedo, cun rexeitamento que lle cae a Siba, e o seu remate marcha moi preto da portería de Radu.

70'

O remate de Colombatto nun balón morto na área marcha preto da escuadra viguesa

75'

Swedberg culmina unha boa contra do Celta, pero o seu remate marcha lixeiramente desviado

77'

Remate arriba de Lucas Ahijado despois dunha indecisión defensiva no Celta

90+5'

Final no Tartiere. O Celta segue sumando, encadea a terceira portería a 0 consecutiva e remata o ano con 23 puntos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade