Veciños de Cambre esixen solucións para poñer fin á elevada sinistralidade na zona de Brexo e Lema
Aseguran que os accidentes son continuos nesta estrada que comunica Cambre con Carral polo exceso de velocidade
Malia que está limitada a 50, poucos respectan a prohibición
Veciños como Cristina e Santi viven co corazón nun puño a diario porque xa sufriron varios sustos ao esnafrarse coches contra a súa casa. O último, en novembro do ano pasado, cando unha furgoneta bateu contra un forno de pedra anexo á casa.
Aseguran que os accidentes son continuos nesta estrada que comunica Cambre con Carral polo exceso de velocidade. Malia que está limitada a 50, poucos respectan a prohibición. Temen que calquera día suceda algo grave.
Para evitar que iso suceda esixen que se tomen medidas correctoras como a instalación de bandas redutoras.
Os veciños de Brexo e Lema veñen de presentar un escrito esixindo solucións no Concello, na Deputación e na Garda Civil.