Falece un ciclista de 78 años atropelado en Santiago
Fontes municipais detallaron que o falecido circulaba acompañado por outro ciclista, que quedou ileso

Un home de 78 anos faleceu este martes tras sufrir unha colisión cun vehículo cando circulaba en bicicleta pola avenida Mestra Victoria Míguez, nas inmediacións do Campus Sur universitario de Santiago de Compostela.
Segundo trasladou o 112 Galicia, sobre as 12:15 horas o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 daba aviso deste sinistro, alertando da gravidade do home ferido.
Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores da central de emerxencias informaron os Bombeiros da capital galega, os axentes da Policía Local e efectivos de Protección Civil.
Fontes municipais consultadas sinalaron que polo momento se descoñecen as circunstancias deste accidente, en que perdeu a vida un ciclista. Así mesmo, estas mesmas fontes detallaron que o falecido circulaba acompañado por outro ciclista, que saíu ileso.