Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan ao hospital un bebé que ía nun carriño atropelado na Coruña

Trasladan ao hospital un bebé que ía nun carriño atropelado na Coruña

O neno foi o único ferido no accidente que se produciu nun paso de peóns da cidade 

G24.gal 27/09/2025 19:34 Última actualización 27/09/2025 19:56

Un bebé tivo que se trasladado ao hospital maternoinfantil Teresa Herrera da Coruña logo de que un vehículo levara por diante o seu carriño nun paso de peóns na rúa Manuel Azaña.

Segundo a información do 112, o suceso produciuse sobre as 15:45 horas deste sábado e foi un particular o que alertou de que un vehículo atropelara o carriño dun bebé, que foi o único ferido.

Ata o punto desprazáronse axentes da Policía Local e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, segundo fontes policiais, trasladaron o bebé, por precaución, ao hospital.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar