Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Aemet confirma a alerta ante a chegada da dina Alice

A Aemet confirma a alerta ante a chegada da dina Alice

Choivas, tormentas e fortes ondas activan mañá os avisos en oito provincias, con precipitacións de ata 60 l/m2
 

Inundacións en Artana (Castelló) o pasado 29 de setembro. EFE/Andreu Esteban Inundacións en Artana (Castelló) o pasado 29 de setembro. EFE/Andreu Esteban
G24.gal 07/10/2025 18:12

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) lanzou este martes un aviso especial de choivas moi fortes e persistentes no terzo oriental peninsular e Baleares, desde mañá mércores ata, polo menos, o domingo 12 de outubro.

O aire frío nas capas altas da troposfera, onde está instalada a dina Alice, xunto coa humidade en superficie darán lugar a unha inestabilidade atmosférica prolongada, con chuvascos moi fortes e persistentes no leste da Península Ibérica -especialmente en zonas litorais e prelitorais do sur de Valencia e norte de Alacante, na contorna do cabo da Nao- e no arquipélago balear.

Aemet advirte de que estas precipitacións poden provocar inundacións locais súbitas e repentinas en zonas baixas e enchentes repentinas en torrentes, arroios e barrancos, polo que pide precaución, así como evitar leitos e zonas inundables, xa que o nivel de perigo potencial é "elevado".

Evolución da dina

Os primeiros chuvascos produciranse a última hora de mañá mércores no leste de Castela-A Mancha e interior da Comunidade Valenciana e, a partir do xoves 9, as precipitacións estenderanse ao litoral valenciano e o de Cataluña en primeiro lugar e a Eivisa, Formentera, Murcia, metade oriental de Andalucía e sur de Castela-A Mancha a continuación.

Para o venres 10, os chuvascos fortes ou moi fortes perderán extensión e quedarán reducidos en principio ao sueste peninsular, aínda que poderán alcanzar o resto de Alborán e Baleares, de novo nos arredores do cabo da Nao, pero tamén do cabo de Palos, onde a intensidade será localmente moi forte.

A situación de inestabilidade continuará durante a fin de semana en niveis "medios e altos". 

Aemet recoñece unha "alta incerteza na posición de Alice" así como na súa interacción cos fluxos de superficie, o que determinará as zonas con maior adversidade cada xornada. Por iso, recomenda un seguimento detallado das sucesivas actualizacións das predicións e os avisos nos próximos días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade