Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bruxelas destina preto de 1.600 millóns de euros en axudas a España pola DINA

Bruxelas destina preto de 1.600 millóns de euros en axudas a España pola DINA

Con estes fondos preténdese apoiar o vital traballo de recuperación, reparación e reconstrucción, segundo a presidenta da CE Ursula von der Leyen

Aspecto dunha rúa de Utiel tras o paso da DINA (EFE / Álvaro Del Olmo) Aspecto dunha rúa de Utiel tras o paso da DINA (EFE / Álvaro Del Olmo)
G24.gal 03/10/2025 13:02

A Comisión Europea propuxo este venres desembolsar 945 millóns de euros do Fondo de Solidariedade da UE e redirixir 645 millóns de euros en fondos de cohesión a España para facer fronte ás consecuencias da DINA do pasado outubro en Valencia.

"Comprometemos preto de 1.600 millóns de fondos europeos para apoiar o vital traballo de recuperación, reparación e reconstrución", dixo nun comunicado a presidenta do Executivo comunitario Ursula von der Leyen.

A asignación de 945 millóns de euros do Fondo de Solidariedade, que aínda debe recibir o visto e prace da Eurocámara e os Estados membros para que poida efectuarse o desembolso, é a segunda máis elevada na historia deste mecanismo, por detrás dos 1.200 millóns destinados a Italia polos terremotos de 2015 e 2016, sinalou a institución.

A axuda do Fondo de Solidariedade permitirá financiar, retroactivamente, a reparación de infraestruturas, aloxamento temporal para os afectados, o reforzo de infraestruturas preventivas, a preservación do patrimonio cultural ou as operacións de limpeza, indicou a Comisión.

O Goberno pedira 4.403 millóns de euros, pero é a Comisión quen decide a asignación tras unha avaliación dos danos. España xa recibiu en abril un adianto de 100 millóns de euros para apoiar as operacións de recuperación mentres se decidía a asignación final da axuda, que as autoridades españolas solicitaran en xaneiro.

Ademais,  Bruxelas deu luz verde para que España redirixa 650 millóns de euros de fondos de cohesión a paliar as consecuencias das devastadoras inundacións, que deixaron máis de 230 persoas falecidas e cuantiosos danos materiais.

O Goberno anuncia un segundo plan de emprego por valor de 80 millóns de euros para as zonas afectadas pola dina

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social Yolanda Díaz anunciou un segundo plan de emprego para axudar á zona afectada pola DINA do 29 de outubro de 2024, que estará dotado con 80 millóns de euros e co que se prevén 7.750 novas contratacións que axudarán a reforzar as economías locais.

Este segundo plan de ocupación ampliará os beneficiarios do primeiro e irá dirixido non só a Concellos, tamén a entidades sen ánimo de lucro e organizacións non gobernamentais, permitirá a contratación de perfís técnicos (enxeñeiros, arquitectos, consultores) e incluirá, ademais das rehabilitacións de edificios e de infraestruturas, as tarefas sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade