Cultura, historia e biografía nas obras teatrais do cemiterio de Lugo
Este domingo unha representación enxalzou a vida de tres músicos que están soterrados no camposanto lugués
Dende hai uns anos o cemiterio de Lugo estase convertendo nun punto de encontro importante para os curiosos, para os amantes de cultura e para os apaixonados da historia, xa que cada mes se representan nel obras de teatro que rescatan a biografía e a vida dos veciños senlleiros desta cidade.
O camposanto de Lugo, que data de 1948, posúe unha arquitectura, un deseño e un paisaxismo marabilloso. Por iso, dende hai anos, estase convertendo no escenario perfecto para a representación de obras de teatro protagonizadas por persoas que están aquí soterradas.
Tareixa Campo, presidenta de Achádego Teatro, explícanos que "cada mes dedicamos unha obra a un colectivo". Este xuño tocoulles aos músicos.
Xoán Montes, Gustavo Freire e Asunción Montes son os protagonistas desta memoria vivida.
Para o público é unha oportunidade de coñecer a intrahistoria, que diría Unamuno, as pequenas historias da historia.