Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cemiterio de Xerdiz, toda unha xoia indiana cun gran valor artístico

O cemiterio de Xerdiz, toda unha xoia indiana cun gran valor artístico

Construído en 1908, o camposanto foi custeado por veciños e emigrados a Cuba desta parroquia de Ourol
 

Detalle dunha escultura do camposanto ourolés
Félix Aragunde 03/10/2025 20:43 Última actualización 03/10/2025 20:58

O cemiterio indiano de Xerdiz, en Ourol, constitúe toda unha xoia do patrimonio mariñao. Construído en 1908, fora sufragado coas doazóns duns 175 veciños da parroquia, 64 deles emigrados a Cuba. Todos figuran nunha placa colocada á entrada do camposanto.

"O meu avó, que foi a Cuba, tamén puxo aí unha pequena cantidade. E coma o meu, moitos máis veciños de por aquí que xa morreron. Cheguei a coñecer o meu avó, pero non outros que estaban en Cuba", conta Guillermo Castro, neto dun emigrante que sufragou a obra. 

Entre outros canteiros, no cemiterio traballou Francisco Veiga, coñecido como o Pena de Miñotos. Co seu labor, crearon esculturas, columnas e cruces de distintos tipos, que chaman a atención dos visitantes que se achegan ata o lugar para contemplar estas obras.

"Chámalles a atención porque os nichos son moi antigos, moitos con máis de cen anos. Eu cheguei a coñecer un canteiro moi famoso que fixo a maior parte deles, pero tamén houbo outro, que era da parte de Vilalba. O que coñecín era de aquí, de Ourol, da parroquia de Miñotos, e era moi bo albanel e canteiro", sinala Guillermo. 

Os veciños de Xerdiz, todos descendentes dos que custearan a obra, son hoxe en día os encargados de custodiar este ben cultural. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade