Un home perde a vida ao precipitarse dun tellado en Rodeiro
O suceso mortal ocorreu nunha vivenda situada en Farán, Arnego
Outro home que caeu tamén dun tellado en Cerdedo-Cotobade foi trasladado a bordo do helicóptero do 061 ao Hospital Clínico Universitario de Santiago

Un home perdeu a vida ao precipitarse dun tellado en Rodeiro. O suceso mortal ocorreu nunha vivenda situada en Farán, Arnego.
Foi un particular quen deu aviso ao 112 Galicia ás 17:00 horas desta tarde, indicando que un home caera do tellado da súa propia casa e que podería estar falecido.
🔴 #AXEGAInforma dun home falecido en Rodeiro tras caer dun tellado.
— 112 Galicia (@112Galicia) October 3, 2025
📍 Farán, Arnego.
🔗 https://t.co/QJhElub14S pic.twitter.com/0t6QUg6fkb
De inmediato, informouse do ocorrido ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Garda Civil.
A pesar da intervención dos equipos de emerxencia, non se puido facer nada por salvarlle a vida ao home, que finalmente faleceu.
Outra caída similar en Cerdedo-Cotobade
Outro suceso similar foi notificado ao 112 Galicia polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago debido a que unha persoa caeuse dun tellado en Cerdedo-Cotobade.
O accidente tivo lugar ás 18:10 horas no lugar do Campo, en Valongo. Segundo a información recollida polos xestores do 112 Galicia, o home caeu do tellado da súa propia vivenda.
Desde a sala de operacións tamén se informou á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.
Finalmente, o ferido foi trasladado a bordo do helicóptero ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, onde recibiu asistencia médica.