Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil recibe unha nova patrulleira galega para loitar contra o narcotráfico

A Garda Civil recibe unha nova patrulleira galega para loitar contra o narcotráfico

Este modelo é un punto de inflexión no mundo das lanchas interceptoras de alta velocidade

Esta é a quinta entrega do estaleiro de Moaña ás forzas de seguridade

G24.gal 05/12/2025 14:18

É a interceptora da súa clase máis rápida do mundo, capaz de acadar unha velocidade de ata 60 nós para combater o narcotráfico e o crime organizado nas costas españolas. O seu casco de aluminio compacto faina resistente as arremetidas perpetradas polos buques ilegais. 

A patrulleira foi construída nun estaleiro da ría de Vigo, en Moaña. A Río Antas é a sexta lancha que se fabrica nestas instalacións destinada ao servizo marítimo da Garda Civil para intensificar os labores de vixilancia e control marítimo.  

As dúas unidades restantes do contrato xa están en fase de construción no estaleiro e serán entregadas nos próximos meses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade