Publicador de contidos

Publicador de contidos

Defensa adxudica a Rodman por 10 millóns a construcións de tres buques patrulleiros

Defensa adxudica a Rodman por 10 millóns a construcións de tres buques patrulleiros

O contrato terá unha duración de dous anos 

A oferta do estaleiro vigués foi a máis vantaxosa de todas

Rodman Polyships Rodman Polyships
G24.gal 05/02/2026 17:42

O Ministerio de Defensa adxudicou a Rodman Polyships a construción de tres buques patrulleiros de vixilancia destinados á Armada por un importe total de 10.416.414 euros, segundo o anuncio que foi publicado este mércores na Plataforma de Contratación do Sector Público.

O contrato, tramitado pola Dirección de Xestión Económica da Xefatura de Apoio Loxístico da Armada, terá unha vixencia de dous anos. A oferta presentada por Rodman foi considerada a máis vantaxosa para a administración, cun prezo inferior ao orzamento de licitación.

O estaleiro vigués fornecerá os patrulleiros no marco dunha ampliación de medios xa existentes na Armada. O contrato permite ampliar a carga de traballo de Rodman Polyships, un dos principais construtores navais especializados en embarcacións profesionais e de patrulla, e consolida o peso do sector naval en Vigo dentro dos programas de subministración do Ministerio de Defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade