Liberdade para o último detido na Pobra ao que relacionan coas 3,6 toneladas de cocaína comisadas en setembro
Liberdade para o último detido na Pobra ao que relacionan coas 3,6 toneladas de cocaína comisadas en setembro
Fontes do Tribunal Superior de Xustiza informan de que non ingresará en prisión, pero terá obrigación de comparecer semanalmente no Tribunal
O home está investigado por un delito contra a saúde pública, pertenza a organización criminal e branqueo
A xuíza do Tribunal de Instancia de Muros decretou a posta en liberdade e a Fiscalía non pediu o ingreso en prisión do último detido ao que relacionan coas 3,6 toneladas de cocaína comisadas o pasado mes de setembro no municipio coruñés da Pobra.
Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), como medidas impúxoselle a obrigación de comparecer semanalmente no Tribunal e a retirada do pasaporte.
O home, con vínculos familiares con outro dos detidos no mes de setembro, está investigado por un delito contra a saúde pública, pertenza a organización criminal e branqueo.