As analíticas das EDAR sitúan Galicia por riba de media europea en consumo de cocaína
Cada día detéctanse entre 1.800 e 3.700 miligramos por cada mil habitantes
En segundo lugar, aínda que a moita distancia, queda o éxtase, con entre 28 e 120 miligramos ao día por cada mil habitantes
O consumo de cocaína en Galicia supera a media europea. Nas analíticas obsérvase un incremento do uso nas fins de semana e unha mediada estatística entre 1.800 e 3.700 mg por cada mil habitantes.
O estudo analizou o consumo dun 20 % da poboación galega, xa que os residuos atopados corresponden a 5 depuradoras que se encargan das augas de 15 concello, máis de medio millón de habitantes en total.
Nos datos vese un maior consumo en zonas urbanas, pero non se ofrecen desglosados, para conseguir que as accións para o control deste consumo sexan máis efectivas.
"A información é reservada, e ten que ser así, e vainos valer para planificar medidas que axuden a diminuír o consumo destas drogas nesas determinadas zonas", explicou Antonio Gómez Caamaño, o conselleiro de Sanidade.
A adicción á cocaína é hoxe o principal problema das unidades de atención á drogodependencia.
"As hipóteses que se manexan é que hai máis oferta por maior produción en Latinoamérica, e hai maís competencia, máis pureza, máis dispoñibilidade e, polos datos que nos dá o Observatorio Españols das Drogas e Adiccións, están estables desde hai moitos anos", delcarou Benito Quintana, investigador da Área Clínica Analítica da USC .
O consumo de alcol é o equivalente a unha cervexa ao día, de media. Os de MDMA e cánnabis están por baixo da media de Europa. E a ketamina, que sobe forte noutros países, apenas aparece.