Publicador de contidos

Publicador de contidos

Teresa Portela, López Besteiro e a Policía Nacional adscrita a Galicia, Medallas Emilia Pardo Bazán

Teresa Portela, López Besteiro e a Policía Nacional adscrita a Galicia, Medallas Emilia Pardo Bazán

Esta distinción que outorga a Xunta recoñece o traballo en favor da igualdade

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, apostou por un "feminismo inclusivo"

EFE/Moncho Fuentes EFE/Moncho Fuentes
G24.gal 03/10/2025 20:48

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, apostou este venres por un "feminismo inclusivo" que implique "unha revolución pacífica e coral" e que non sexa "un clamor momentáneo e efémero, senón un esforzo continuo".

Así o sinalou na gala de entrega das Medallas Emilia Pardo Bazán 2025, coas que o Executivo autonómico recoñece o traballo de persoas e entidades en favor da igualdade.

Na súa intervención, a conselleira destacou que este feminismo, protagonizado por mulleres que traballan en ámbitos sociais e profesionais variados, "debe ser unha resposta ao machismo residual que aínda pervive na sociedade" e tamén "a un activismo baleiro e estéril".

Así mesmo, referiuse á traxectoria das galardoadas deste ano: a política galega e ex conselleira, Manuela López Besteiro; a deportista olímpica, María Teresa Portela Rivas; e a Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA), encargada da protección das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Tras a entrega dos galardóns, García incidiu en que "as mulleres de hoxe están a empezar a cumprir o soño das mulleres de onte".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade