Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galegas ilustres pioneiras que deixaron unha pegada imborrable

Galegas ilustres pioneiras que deixaron unha pegada imborrable

Destacan, entre outras, Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Pardo Bazán, María Casares ou Maruja Mallo

María Soliño, María Pita, María Luz Morales, Isabel Barreto tamén destacaron en moitas disciplinas 

A través da súa influencia na cultura, na sociedade ou na política, marcaron a identidade galega

G24.gal 08/03/2026 15:27 Última actualización 08/03/2026 16:47

Son mulleres galegas que fixeron Historia. Adiantadas ao seu tempo, deixaron unha pegada imborrable e foron pioneiras en moitas disciplinas culturais, artíticas, intelectuais, académicas... Marcaron épocas e xeracións e o seu legado aínda pervive.

Concepción Arenal foi unha destacada xurista, poeta e figura do realismo literario español. Foi pioneira no feminismo e precursora do Traballo Social en España.

A escritora Rosalía de Castro, pioneira das Letras Galegas, está considerada como unha das escritoras e poetisas máis importantes do século XIX. 

Emilia Pardo Bazán, novelista, ensaista, dramaturga... foi unha pioneira na defensa dos dereitos das mulleres.

Sofía Casanova, xornalista, poeta e novelista converteuse na primeira muller española en ser corresponsal de guerra.

Maruja Mallo foi unha das grandes figuras do cubismo e unha das principais artistas da Xeración do 27.

María Casares foi unha das grandes damas do cinema e do teatro francés do século XX.

Juana de Vega, activista e escritora, foi un dos grandes referentes femininos do liberalismo progresista español do século XIX.

E quedan moitas máis mulleres pioneiras na Histotia por destacar: María Soliño, María Pita, María Luz Morales, Isabel Barreto...

Este é un un pequeno exemplo e unha pequena homenaxe, ás mulleres galegas que, a través da súa influencia na cultura, na sociedade ou na política, marcaron a identidade galega, deixando un legado, mesmo feminista, que continúa inspirando xeracións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade