Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha granada na leira: "Revolucionamos o código"

Unha granada na leira: "Revolucionamos o código"

Unha parella leva un susto mentres sachaba un terreo en Santiago

G24.gal 03/10/2025 18:23

Estaban sachando nunha leira en Sarela de Abaixo, en Santiago, cando atoparon unha granada de man. Ocorreu este venres pola tarde.

"Un susto grandísimo", di a dona do terreo. Chamaron a policía e inmediatamente se puxo en marcha un operativo de especialistas en explosivos da Policía Nacional.

"Revolucionamos o código", bromea a muller.

E é normal, porque non sería a primeira vez que se atopan armas da guerra ducias de anos despois e non se sabe como de perigosa pode ser cada unha en cada momento.

 

Inmediatamente formouse un perímetro de seguridade.  A parella que traballaba na leira tivo que deixar os seus labores e afastarse mentres os TEDAX facían o seu traballo e analizaban o achado.

Ao final, todo quedou non susto. O que parecía unha arma perigosísima era en realidade un chisqueiro. Un acendedor con forma de granada que seguro que xa leva dado máis dun susto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade