Os coches históricos, auténticas xoias sobre rodas que espertan paixón entre os afeccionados ao motor
Os coches históricos, auténticas xoias sobre rodas que espertan paixón entre os afeccionados ao motor
Este sábado celébrase o Rally Rías Altas Histórico, puntuable para o Campionato de España
Quen senta ao volante dun coche histórico desfruta cando roxe o motor.
"Estes coches o peor que teñen é que son antigos e, malia que no meu modelo non hai queixa porque aínda hai pezas, conseguir recambios non é doado atopalos e son custosos", comenta Javier Bouza, piloto dun coche histórico.
O tamén piloto Pablo Álvaro Rodríguez engade que "isto é todo 'made in na casa', como se adoita dicir. Temos que tirar de amigos e traballar alí, buscar a ferramenta e preparar todo nós porque se tes que tirar de talleres oficiais pois sería inalcanzable para nós".
Moitos destes vehículos son sometidos a procesos de restauración. Reciben coidados con grande esmero e atención por parte dos seus donos converténdose en auténticas xoias sobre rodas das que gozar.
"Creo que calquera momento dentro dos coches é un momento bo porque para nós é unha afección, non o temos profesionalizado e trátase tamén de pasalo ben", di Uxío García, copiloto dun coche histórico.
Diversión que leva os afeccionados aos coches clásicos mesmo a competir en probas como a deste sábado: o Rally Rías Altas Histórico, puntuable para o Campionato de España.