Chega a Galicia o modelo máis polémico de Tesla
O Tesla Cybertruck pódese contemplar ata este sábado na Coruña e a vindeira semana no Salón do Automóbil de Vigo
Presentado como un coche que aguantaría o impacto dunha bala, despegáronselle pezas conducindo a alta velocidade
O Tesla Cibertruck é unha especie de furgoneta con deseño disruptivo e futurista. O único modelo en España poderase ver ata este sábado na Coruña e a vindeira semana no Salón do Automóbil de Vigo. Ten capacidade para seis persoas, pero tamén un amplo historial de polémicas.
Tesla preséntao como un vehículo blindado, pero o certo é que os cristais das ventás romperon o mesmo día da súa presentación. A compañía xa tivo que retirar milleiros de modelos do mercado. Foi ao comprobar que se lle despegaban pezas ao conducir a altas velocidades ou a baixas temperaturas.
Todo, despois de asegurar que tanto o exterior de aceiro inoxidable como as ventás aguantarían o impacto dunha bala.
Estes días podémolo ver en Galicia. Aínda que de momento, pódese ver pero non tocar. O vehículo está prohibido en Europa ao considerar que o seu exterior é perigoso nun posible accidente con peóns.