O conselleiro de Emigración visita a comunidade galega de Newark
En Nova Jersey está asentada a comunidade galega máis importante dos Estados Unidos
No marco da súa viaxe institucional polos Estados Unidos o conselleiro de Emigración visitou os dous centros galegos que hai en Newark, en Nova Jersey. José González estivo con algúns dos que emigraron a esta localidade, que acolle a comunidade de galegos máis numerosa dentro dos Estados Unidos. Alí destacou o traballo que fan estes centros para manter vivas a cultura e as tradicións entre os galegos do exterior. Tamén quixo lembrar que Galicia é a día de hoxe unha terra de oportunidades, aberta para captar talento.
Galicia é unha terra de oportunidades, unha terra de acollida. A estratexia Retorna está a disposición de todos os galegos e as galegas do exterior que, se se queren mover, a súa primeira referencia ten que ser Galicia.