Publicador de contidos

Publicador de contidos

O impacto económico do entroido en Ourense

O impacto económico do entroido en Ourense

A ocupación hoteleira está ao 100% coas últimas reservas feitas xa desde o Nadal

Moitos negocios viven a metade do ano do entroido

G24.gal 15/02/2026 21:24

Fin de semana con cartel de "completo" no triángulo máxico entroideiro e tamén en moitos establecementos da cidade de Ourense.

"En canto á ocupación significa que estamos ao 100% desde antes do Nadal. Nós estes días triplicamos persoal", asegura o hostaleiro Francisco Pérez

Pero a actividade económica nestas comarcas non se percibe só nas pernoctas. 

"Hai moitos negocios que viven a metade do ano do entroido. Énchese a hostalaría que é quen recibe o impacto máis directo, pero non só. As mercerías para facer os traxes igual. Hoxe hai mil cigarróns e cada traxe vale tres mil euros. É todo unha cadea. As carnizarías venden máis, as panadarías tamén e todo repercute. O impacto económico é brutal", explica Alberto Prieto, presidente da Asociación de Hostaleiros de Verín.

E gastan os forasteiros, pero tamén a xente da redonda porque calquera ourensán leva dentro ser entroideiro.

"A miña estimación é que gasto dos 300 euros para arriba, en traxes. E despois á parte o que gastamos en comer e beber" di unha entroideira

"Pasas falta todo o ano pero no entroido hai que gastar o que hai e o que non hai", 

Algo hai que gardar, porque queda aínda entroido por diante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade