Volven sabotar o depósito de auga da Gouxa, en Dozón
No último ataque baleiraron os 30.000 litros do tanque despois de forzar o peche
As sabotaxes adoitan producirse nas vésperas da feira
Non é a primeira vez que alguén manipula a billa do depósito, deixando sen agua da traída os habitantes da parroquia da Gouxa, en Dozón.
Eses locais son onde se celebra a feira da Gouxa, que congrega para comer xente de toda a comarca os días 11 e 23 de cada mes. Precisamente nas vésperas deses días é cando se producen as sabotaxes e sempre no tanque da Gouxa, e non de Cubelos, situado no mesmo recinto.
Algúns hostaleiros xa puxeron depósitos onde recoller auga para poder cociñar, lavar e usar nos aseos. Porque no último ataque baleiraron por completo os 30.000 litros do depósito despois de forzar o peche.
Mentres o manancial volve encher o tanque o Concello pretende tomar medidas para reforzar a vixilancia, sobre todo se o seguinte é día de feira, porque semella que alguén quere deixalos secos.