Cargando resultados...
Localizan o corpo sen vida dun home no río Tambre ao seu paso por Brión
A Garda Civil puxera en marcha un dispositivo de busca pola presenza dun vehículo abandonado nas proximidades
O cadáver foi localizado na parroquia de Ons
G24.gal
04/04/2026 18:31
Última actualización 04/04/2026 20:01
A Garda Civil localizou este sábado o corpo sen vida dun home no río Tambre en Ons, no concello de Brión. O venres puxeran en marcha un dispositivo de busca pola presenza dun vehículo abandonado nas proximidades.
Segundo confirma o instituto armado, o Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) recuperou o cadáver. Logo, foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Santiago para lle practicar a autopsia.