Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen novas do mozo desaparecido no encoro dos Peares o pasado luns

Sen novas do mozo desaparecido no encoro dos Peares o pasado luns

O rapaz de 19 anos e veciño de Lugo envorcou co caiac que manexaba

O luns chega á zona un robot capaz de baixar ata o fondo da presa

Un dos axentes da Garda Civil que participan no operativo de busca
G24.gal 04/04/2026 13:31 Última actualización 04/04/2026 15:01

Continúa o operativo de procura do mozo de 19 anos  desaparecido o pasado luns no encoro dos Peares tras envorcar co caiac que manexaba. 

Tras seis días de busca, a familia de Xoán Víctor, veciño de Lugo, non perde a esperanza.

"Estamos con moitísima dor, cunha dor que non se pode describir. Pero, ao mesmo tempo, sentímonos súper agradecidos co apoio que estamos tendo (...) Temos ese ápice, esa esperanza de vida aínda que sabemos que pasaron moitos días", asegura Xacobo Valiñas, voceiro da familia.

Agradecen o apoio das autoridades de Carballedo e a entrega das forzas e corpos de seguridade do Estado que os manteñen informados de calquera avance.

"Estase a ver que é un equipo súper humano con nós. Informan todos os días de todo o que están realizando, acláranos a situación que, sabemos, é complicada...", subliña.

No caso de que o corpo estea somerxido, o rescate é complicado porque o encoro ten entre 70 e 80 metros de profundidade e as temperaturas son moi frías.

O vindeiro luns, está prevista a chegada dun robot capaz de baixar ata o fondo do encoro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade