Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro meses de restricións de auga en Castro por un elevado nivel de arsénico

Catro meses de restricións de auga en Castro por un elevado nivel de arsénico

Nunca antes se dera que en decembro a veciñanza tivese que mercar garrafas para beber ou cociñar

Auga embotellada lista para o seu consumo en Castro de Ribeiras de Lea
Félix Aragunde 09/12/2025 20:05 Última actualización 09/12/2025 20:14

En Castro de Ribeiras de Lea e noutros núcleos de Castro de Rei levan máis de catro meses recorrendo á auga embotellada tanto para beber como para cociñar. O motivo é a presenza de arsénico na captación da principal traída deste concello chairego, segundo Sanidade nun nivel que excede o máximo aconsellable para o seu consumo.

O arsénico procede dunha antiga mina, polo que a veciñanza leva toda a vida afeita ás restricións de auga. Así e todo, nunca antes se dera que en decembro non se puidese consumir a da traída. Ante esta situación, os residentes nas parroquias afectadas demandan unha solución definitiva para que a auga que chegue aos seus fogares estea libre de arsénico.

A reforma da estación de tratamento de auga potable tería un custo duns tres millóns de euros, polo que administración local dependerá da autonómica para poder executar o proxecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade