Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller de 68 anos no incendio rexistrado nunha vivenda en Viveiro

Falece unha muller de 68 anos no incendio rexistrado nunha vivenda en Viveiro

A falecida vivía nun rocho no entrechán

O suceso tivo lugar na avenida Benito Galcerán (Imaxe de Google Maps) O suceso tivo lugar na avenida Benito Galcerán (Imaxe de Google Maps)
G24.gal 24/10/2025 14:24 Última actualización 24/10/2025 14:36

Unha muller duns 68 anos faleceu este venres nun incendio que se rexistrou na avenida Benito Galcerán de Viveiro. Os servizos de emerxencias dirixíronse o lugar logo dun aviso de que saía moito fume do inmoble. A falecida vivía nun rocho no entrechán.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 12:50 horas, cando un particular chamou para informar da presenza de fume nunhas galerías comerciais da zona. O alertador non puido concretar a orixe do fume, aínda que indicou que, segundo os veciños, podería haber persoas residindo na entreplanta do edificio.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia activouse un operativo no que participaron os Bombeiros de Viveiro, que confirmaron que o lume se iniciara nunha vivenda dunha soa habitación. No interior localizaron unha persoa, á que rescataron e practicaron manobras de reanimación, desafortunadamente sen éxito.

Ademais dos bombeiros, tamén interviñeron efectivos da Policía Nacional e Local, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Protección Civil da localidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade