Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo, unha cidade onde abundan os negocios centenarios

Lugo, unha cidade onde abundan os negocios centenarios

Os locais comerciais máis antigos do recinto histórico gardan pezas propias de museos

A Gran Farmacia Central é un dos establecementos máis antigos da capital luguesa
Félix Aragunde 24/11/2025 20:09

A Farmacia Central é un dos negocios máis antigos de Lugo. Leva nada menos que 150 anos no local onde se encontra actualmente, en pleno centro da cidade, pero a botica orixinal era aínda anterior. Entre as súas vidreiras centenarias amósanse pezas da época, coma os tarros dos fármacos ou unha caixa rexistradora.

"As vidreiras son orixinais desa ápoca, ao igual que o exterior. É un edificio catalogado, que non se pode tocar. Iso á xente chámalle a atención, porque quedan xa poucas farmacias deste estilo", sinala Domingo Figueroa, titular da botica. 

Outro negocio decimonónico, situado no outro extremo da céntrica rúa San Pedro, é a cordoería dos Maragatos. Tamén atesoura pezas propias dun museo, como unha caixa forte anterior aos bancos modernos. Ademais de cordeis de cánabo ou de sisal, aquí adquírense artigos difíciles de atopar nas tendas actuais. 

"Entra moita xente xubilada que nas súas casas e nas súas vilas tiñan sempre un comercio pequeno onde se atendía a xente do rural. Ao veren as cordas, os bastóns ou os corchos, din que isto era coma o do seu avó", conta Carmen Pérez-Carro, presidenta da Fundación Pérez-Carro, que prevé converter a tenda en museo.

O Café do Centro, na praza Maior, a fontanería Vila Gandoy ou a sombreirería Lara son outros negocios centenarios que seguen abertos ao público no recinto histórico de Lugo.

 

Unha caixa rexistradora propia de hai cen anos Unha caixa rexistradora propia de hai cen anos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade