Cargando resultados...
Pequenos negocios que compiten con grandes multinacionais
O aumento das grandes superficies e as cadeas ou multinacionais de perfumerías ameazan en moitas ocasións o pequeno comercio
A cercanía e especializarse son claves no seu éxito
G24.gal
20/11/2025 19:50
Ángel Conde coñece o negocio dende neno, o seu pai abriu unha droguería hai case 50 anos, nun vigo sen grandes superficies nin centros comerciais.
O aumento das multinacionais e as grandes cadeas obrigounos a competir nun mercado cambiante. Coma eles, moitas pequenas tendas resisten grazas á súa integración nos barrios.
Confían en que estes negocios poderán manterse, sabendo que ofrecen un servizo de confianza e proximidade.