Cargando resultados...
Os VTC xa operan en Santiago, Vigo e A Coruña
Operan desde o pasado mes de setembro e a xestión faise a través de aplicacións no teléfono móbil
G24.gal
20/11/2025 14:35
A mobilidade urbana está cambiando, con novos modelos de transporte público. Os taxistas piden máis control das empresas que ofrecen servizos de transporte con condutor, as coñecidas como VTC, mentres Uber, Cabify ou Bolt buscan o seu lugar nas cidades galegas. Operan desde o pasado mes de setembro en cidades como Santiago de Compostela, Vigo ou A Coruña e para solicitar e pagar o servizo, a través da aplicación no teléfono móbil.