Esnáfrase un bombardeiro estadounidense B-52 en California
Polo momento non hai datos sobre posibles vítimas mortais ou feridos
ALERTCalifornia/Handout via REUTERS
Un bombardeiro B-52 Stratofortress esnafrouse este luns pouco despois de engalar dunha base militar no estado de California.
Polo momento non hai datos sobre posibles vítimas mortais ou feridos.
"Un B-52 Stratofortress da Forza Aérea dos Estados Unidos estrelouse pouco despois de despegar do aeródromo de Edwards ás 11.20 hora local (17.20 GMT)", explicou a conta de X da Base da Forza Aérea Edwards.
A mensaxe engade que os equipos de emerxencia acudiron "de inmediato" ao lugar do accidente e que a instalación militar "facilitará máis información a medida que estea dispoñible".
Varias imaxes tomadas na contorna da base aérea, situada no condado de Kern (uns 200 quilómetros ao noroeste de Los Ángeles), amosan unha gran columna de fume negro na área onde se estrelou a aeronave.