O acordo de paz en Oriente Medio protagoniza o cumio do G7
Trump asegura que o estreito de Ormuz estará completamente aberto este venres
Francia e o Reino Unido, dispostos a axudar no desminado do paso marítimo
Donald Trump chegaba a Evián co acordo de paz con Irán aínda fresco. A fin do conflito e o seu impacto na economía mundial será o grande asunto de debate nos 3 día do cumio. Abordárono este mesmo luns o líder estadounidense e Emmanuel Macron. As súas relacións non son boas: contra o previsto, o presidente francés non recibiu a Trump á chegada, pero outra cousa son os intereses dos dous estados.
Washington quere axuda para desminar o estreito de Ormuz e tanto o Reino Unido como Francia, que xa enviou un portaavións á zona, están dispostos a colaborar. E non están sós: Vinte países, dixo Macron, están listos a poñer medios que garantan a libre circulación por esa vía de auga.
O presidente dos Estados Unidos asegurou que o estreito xa está parcialmente aberto e garantiu que o estará por completo este mesmo venres... Sobre a outra guerra na axenda, a de Ucraína, Trump cre que tanto Zelenski como Putin están abertos a buscar unha solución. O líder ucraíno será este martes un dos convidados a este encontro das sete democracias máis industrializadas do planeta.