O sector do taxi de Vigo modernízase para loitar contra a irrupción dos VTC e volver ser competitivo
O sector do taxi de Vigo modernízase para loitar contra a irrupción dos VTC e volver ser competitivo
En cidades como Vigo, logo da irrupción dos VTC, o sector do taxi comeza a a desenvolver aplicacións para os móbiles tentando ser máis competitivo
En Vigo os usuarios do taxi poderán usar aplicacións móbiles, Free Now, Move Taxi e a partir da Reconquiosta a Blyr
Todas as asociacións do taxi de Vigo e da súa área metropolitana teñen claro que a estas alturas do século XXI a estratexia de futuro xa non pode ser a de poñer portas ao campo.
En Vigo os usuarios do taxi xa poden usar tres aplicacións, segundo o taxi sexa dunha ou outra agrupación. Algúns taxistas operan con Free Now, aínda que hai maioría está en contra desta multinacional. Os de Vitaxi xa presentaron na cámara de comercio a aplicación Move Taxi para IOS e Android. E a agrupación Radio Taxi, que é a maioritaria, xa ten a aplicación móbil Blyr e o xoves dará unha rolda de prensa para facer novos anuncios.
TVG estivo coa presidenta de Radio Taxi, a primeira muller da historia neste cargo.Nuria Fernández contounos que a aplicación móbil Blyr estará operativa para Android e IOS probablemente a fin de semana da Reconquista. Os usuarios só terán que descargala, autorizar os permisos e a forma de pago. O cálculo do prezo, das tarifas, quedará retido, establecido.
"E se é posible que arranque xa na rúa. A nosa idea é na Reconquista, que, ¿non pode ser?...pois será en Semana Santa. En Semana Santa é fixo pero a nosa idea é que arranque o uso da app na Reconquista, queriamos que estivera a fin de semana vindeira xa na rúa",explica Nuria Fernández, presidenta de RadioTaxi en Vigo.
Porque cada día que pasa sen dar a opción de pedir un taxi a través dunha aplicación é un día no que deixan de gañar os clientes máis novos. A presidencia de Nuria Fernández aposta polo dito renovarse ou morrer.
"Non abandonar os clientes de vello, de toda a vida, pero si tratar de captar todos esos novos clientes que teñen outro xeito de comunicarse. Non queren falar. E non hai unha maneira de comunicación verbal hoxe en día. E témonos que pregar a iso. O sector non pode morrer. Temos que evolucionar. É como todo. Antes o taxi funcionaba dun modo e agora funciona doutro; antes non había centrais, agora hainas. Todo foi evolucionando. E se agora ten que ser por app, pois por apps", explica Nuria Fernández,a presidenta de RadioTaxi en Vigo.
Modernizarse para captar novo público e para competir cos VTC, que por agora, en Vigo, e en todas as cidades e vilas de Galicia non poden ofrecer un servizo interurbano, tan só entre municipios.