Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido en Vigo un home por unha presunta agresión sexual a un menor nos baños do centro comercial Vialia

Detido en Vigo un home por unha presunta agresión sexual a un menor nos baños do centro comercial Vialia

O caso continúa "aberto", polo que aínda non se poden achegar moitos máis datos para "non interferir na investigación"

O detido pasará a disposición xudicial este sábado

G24.gal 27/06/2025 10:15 Última actualización 27/06/2025 14:27

Un home foi detido na tarde deste pasado xoves en Vigo por supostamente agredir sexualmente un menor nos baños do Centro Comercial Vialia.

Segundo confirmou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o home foi detido e a vítima trátase dun menor de idade.

Con todo, o caso continúa aberto, polo que aínda non se poden achegar moitos máis datos para "non interferir na investigación".

Blanco mostrou a súa solidariedade coa vítima e coa súa familia e agradeceu a rápida actuación dos corpos e forzas de seguridade do estado á hora de arrestar ao suposto agresor.

Ademais, animou a sociedade a que loite contra esta "secuela, que é insoportable" e reivindicou a importancia de seguir traballando para acabar con este tipo de delitos.

O menor de 17 anos informou á dirección do centro e a súa descrición do individuo e a acción do equipo de seguridade foron claves para a detección do supostos agresor. Algunhas persoas vinculan o suceso a un grupo que vai practicar sexo ao baño e que xa acudían á vella estación de autobuses.

Á maioría dos usuarios da estación e do centro comercial amosaron a súa extraneza porque puideran ocorrer estes feitos nun lugar tan concorrido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade