Publicador de contidos

Publicador de contidos

Catro mozos feridos nun accidente con tres vehículos implicados en Ribeira

Catro mozos feridos nun accidente con tres vehículos implicados en Ribeira

Os catro homes teñen entre 18 e 20 anos e foron trasladados ao Hospital da Barbanza

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 06/11/2025 09:48

Catro homes novos quedaron feridos e tiveron que ser trasladados a un centro sanitario tras rexistrarse un accidente na estrada AC-550, á altura do municipio coruñés de Ribeira, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O sinistro tivo lugar sobre as 07:30 deste xoves, cando varios particulares contactaron con Emerxencias para informar de que se producira unha colisión con varios coches implicados e que podería haber persoas feridas. Ademais, as testemuñas alertaban da presenza de restos na calzada e de vehículos obstaculizando a circulación.

O accidente ocorreu no quilómetro 107 da AC-550, e o 112 informou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros de Ribeira, ao Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal de Ribeira, á Garda Civil e á Policía Local.

Unha vez no punto, os equipos de Emerxencias confirmaron que había tres vehículos implicados no accidente e que catro persoas foran trasladadas ao hospital de referencia para recibir atención médica.

Así, ao momento acudiron dúas ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, e foron atendidos e trasladados ao Hospital do Barbanza catro homes: I. Q., de 18 anos; A. H., de 19 anos; M. A., de 20 anos, e A. L., de 20 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade