O litoral da Coruña e de Pontevedra, en aviso laranxa por ondada
As ondas poderán superar os cinco metros de altura
A Mariña está en aviso amarelo por vento e o interior da provincia de Pontevedra por choivas
No directo: imaxe da cámara web situada en Muxía con vistas á praia de Lourido e á vila (www.g24.gal) / Na foto: a autovía de Marín pechada ao tráfico polo temporal (TVG)
A costa das provincias da Coruña e de Pontevedra permanecerá este xoves, día 6 de novembro, en aviso laranxa por ondas que poderán superar os cinco metros de altura.
Segundo a información de Meteogalicia, departamento que depende da Consellería de Medio Ambiente, o aviso permanecerá activado ata as 15:00 horas do xoves. Ademais, a Mariña lucense estará en aviso amarelo.
Durante a xornada deste xoves, así mesmo, os ventos poderán superar os 80 quilómetros por hora na zona da Mariña, polo que tamén se activará o aviso por este motivo.
Ademais, o interior da provincia de Pontevedra está en alerta amarela por choivas, xa que poderán superarse os 40 litros acumulados por metro cadrado.