Publicador de contidos

Publicador de contidos

A segunda vaga de calor do verán pon en alerta seis comunidades autónomas

A segunda vaga de calor do verán pon en alerta seis comunidades autónomas

Hai aviso laranxa en Andalucía, Castela-A Mancha, Estremadura e Galicia, e amarelo en Castela e León e Madrid

O aviso laranxa pola calor implica un risco importante
G24.gal 03/08/2025 13:40 Última actualización 03/08/2025 14:00

As temperaturas extremas motivaron a activación pola Axencia Española de Meteoroloxía, a AEMET, de avisos nun total de seis comunidades autónomas neste primeiro día da nova vaga de calor, a segunda deste verán.

Hai risco importante, nivel laranxa, en Andalucía, Castela-A Mancha, Estremadura e Galicia, onde se poden alcanzar os 40 graos en zonas do interior. Os termómetros van superar os 42 graos na campiña cordobesa e na sevillana, e os 43 en Badaxoz.

Ata o xoves como mínimo

A AEMET tamén declarou aviso amarelo, risco menor, en Castela León e Madrid. Na capital madrileña as temperaturas medias ao longo deste domingo andarán arredor dos 37graos.

Esta segunda vaga de calor na maior parte de España prolongarase polo menos ata o próximo xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade