Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aviso vermello por chuvias torrenciais no litoral sur de Valencia

Aviso vermello por chuvias torrenciais no litoral sur de Valencia

Alice deixa ducias de incidencias e 135 litros por metro cadrado nunha hora en Gandía

En Cataluña, o temporal deixa 18 feridos e obriga a cortar sete estradas

Antón Montero 13/10/2025 21:31 Última actualización 13/10/2025 21:41

Alice resístese a abandonar o litoral mediterraneo. O temporal que comezou a descargar o xoves pasado volveu deixar chuvias torrenciais, sobre todo en Cataluña e na Comunidade Valenciana. Alí, o servizos de emerxencia emitiron dúas alertas instando á poboación a evitar desprazamentos, non achegarse aos barrancos e procurar pisos altos nas zonas inundables.

Os 115.000 alumnos de 26 concellos do litoral sur da rexión non tiveron clase. Suspendéronse as citas médicas non urxentes. Na localidade castellonense de Onda, un raio provocou o incendio desta casa. Gandía leva de momento a peor parte: alí caeron nunha hora 135 litros por metro cadrado. Houbo que cortar a nacional 332 e a circulación ferroviaria, igual que pasara pola mañá en Tarragona.

Alí, as vilas de Santa Barbara e Godall quedaron practicamente mergulladas na lama. Os desprendementos de terra provocaron cortes en sete estradas e accidentes coma estes: en Cataluña, Alice deixa 18 feridos, un deles grave. AEMET ampliou ata medianoite o aviso vermello no litoral sur de Valencia, e mantén en nivel larana todo o litoral da comunidade e de Cataluña e o arquipélago balear.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade