Publicador de contidos

Publicador de contidos

Temperaturas extremas ata o vindeiro domingo en seis comunidades autónomas

Temperaturas extremas ata o vindeiro domingo en seis comunidades autónomas

Os termómetros poden chegar aos 43 graos nalgúns puntos de Andalucía e Estremadura

As altas temperaturas poden ocasionar problemas de saúde
G24.gal 03/08/2025 20:10 Última actualización 03/08/2025 20:27

As comunidades en aviso laranxa, é dicir, de alto risco polas altas temperaturas, son as de Andalucía, Castela-A Mancha, Estremadura e Galicia, onde poderán acadar temperaturas máximas de 43 graos, especialmente en terras andaluzas e estremeñas.

Segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía, a AEMET, esta segunda vaga de calor do verán colocará case mil concellos en perigo alto polas temperaturas extremas.

A situación será máis levadía, con aviso amarelo, en Castela León e Madrid, aínda que nesta última poden aproximarse durante os próximos días aos 40 graos.

Masa de aire quente e seca de África

Os especialistas da AEMET din que esta vaga de calor vén dada pola confluencia das altas presións atlánticas sobre boa parte do territorio cunha dina no oeste peninsular, que favorecen a entrada desde África dunha masa de aire quente e seca

A calor excesiva ten un impacto directo sobre a saúde da poboación, que debe protexerse ben, hidratándose e evitando no posible a actividade nas horas máis duras do día.

Segundo as previsións da AEMET, as altas temperaturas manteranse polo menos ata o xoves que vén, aínda que probablemente a calor excesiva se manteña na maior parte das comunidades afectadas ata o próximo domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade