Como prepararse para combater o frío?
Os cambios de temperatura afecta o noso sistema inmume, polo que cómpre reforzar as defensas con alimentos ricos en vitamina C ou zinc
Co outono regresa a roupa de abrigo e os arrefriados. A chegada do frío fai que o noso corpo se sinta máis canso. Para reforzar as defensas cada vez son máis o que recorren a complexos vitamínicos, pero os médicos insisten en que o máis importante é coidar a alimentación.
Comer variado e produtos de tempada, cun alto contido en vitamina C ou zinc, axúdanos a protexer o noso sistema inmune, como lembra o supervisor de Atención Primaria de Ourense, Cristian Vispo. Mel e cítricos é o remedio máis habitual.
Moi importante tamén facer exercicio físico, sempre que sexa posible ao aire libre, para manter activo corpo e mente e coidar as horas de descanso que poden verse condicionadas polos cambios de luz e a volta á rutina.