Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un autobús queda atrapado nunha fochanca na avenida de Madrid, en Vigo

Un autobús queda atrapado nunha fochanca na avenida de Madrid, en Vigo

O asfalto da estrada, que está en obras, cedeu xusto cando pasaba o vehículo 

G24.gal 16/11/2025 21:05

Un autobús quedou atrapado nunha fochanca na avenida de Madrid, no centro de Vigo. O asfalto da estrada, que está en obras, afundiuse xusto cando pasaba o autocar, procedente do Carballiño.

Unha das rodas quedou atoada pero non houbo que lamentar danos persoais. A xente que ía a bordo puido chegar ao seu destino na cidade noutro vehículo.

A Policía Local e os bombeiros de Vigo achegáronse ata o lugar para revisar a zona e evitar novos incidentes. En menos dunha hora a calzada xa estaba despexada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade