Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxado un edificio en Ourense por un incendio nun dos pisos

Desaloxado un edificio en Ourense por un incendio nun dos pisos

A vivenda quedou arrasada polas lapas

Non houbo feridos

G24.gal 26/01/2026 20:57

En Ourense, un incendio declarado nun piso no barrio do Couto, obrigou ao desaloxo preventivo de todo o edificio,. A causa do lume puido estar nunha tira de alimentación nun dos cuartos da vivenda situada no cuarto andar. O incendio causou danos materiais moi graves, deixando o interior practicamente destruído.

"Alertounos o 112 e cando chegamos estaba o propietario fóra indicándonos qe se producira un incendio nun cuarto, supostamente por unha tira eléctrica. Nese cuarto habia moita roupa e mobliario de  madeira o que conleva unha carga térmica importante. O que é a vivenda quedou inhabitable totalmente", relata Miguel Brey dos bombeiros de Ourense.

Non houbo feridos, aínda que tanto os veciños do piso afectado como os da vivenda inferior, todos eles de avanzada idade, foron trasladados en ambulancia ao CHOU para unha revisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade