Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde a cabeza tractora dun camión e parte do semirremolque na ponte de Velle, Ourense

Arde a cabeza tractora dun camión e parte do semirremolque na ponte de Velle, Ourense

O camión comezou a arder na ponte que cruza o río Miño en dirección á estrada N- 525, Ourense - Santiago de Compostela

O conductor parou o camión e intentou apagar o lume cun extintor, pero foi imposible e a cabeza tractora quedou totalmente calcinada

Momento na que a cabeza tractora do camión arde enriba da ponte de Velle. Imaxes: REMER
G24.gal 24/01/2026 16:52

Pasaba da unha e media da tarde cando o conductor dun camión que circulaba por enriba da ponte de Velle, sobre o río miño, en dirección á N-525, cando viu que saia fume da cabeza tractora do vehículo. O conductor parou o camión e intentou apagalo cun extintor. Tarefa que lle resultou imposible.

Segundo informa o 112 Galicia, recibiron unha chamada ás 13:38 de que estaba ardendo un camión na N-544, no quilómetro 0,530, na ponte de Velle. Ao chegar ao lugar a patrulla da Garda Civil constata que está ardendo unha cabeza tractora que arrastra un semiremolque, en sentido a N- 525, a estrada que une Ourebse con Santiago de Compostela.

Os bombeiros achegáronse ata o lugar para apagar o incendio, pero o lume espallouse axina e a cabeza tractora do camión, pertencente a Cooperativa Coren, quedou totalmente calcina e tamén ardeu a parte anterior do semirremolque. Unha patrulla realizou traballos de regulación do tráfico mentres se procedía a retirada total do vehículo da calzada.

Os bombeiros tratan de apagar o incendio do camión de Coren sobre a Ponte de Velle. Imaxes: REMER Os bombeiros tratan de apagar o incendio do camión de Coren sobre a Ponte de Velle. Imaxes: REMER
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade